Cargando...

Muiños da Serra

Enderezo

Muiños Novos

Teléfono

Correo electrónico

Sitio web

Redes sociais

Conxunto de muíños hidráulicos que se sitúan nun lugar cuxo topónimo compite e comparte territorio co de Muíños Novos. O motivo é a existencia no lugar, a moi pouca distancia dos muíños, dun desaparecido serradoiro de madeira movido tamén mediante enerxía hidráulica obtida do mesmo río que alimenta aqueles: o que baixa de Morgadáns. Os muíños, rehabilitados con fondos da Comunidade de Montes de Peitieiros no período 2003-04, unha vez perdido o uso tradicional, funcionan como aula etnográfica e divulgativa. Son dous exemplares dos denominados de herdeiros, con cuberta a unha vertente, o de arriba, e dúas desiguais, o de abaixo, procurando acompañar a pronunciada pendente do terreo. Son da tipoloxía de canle e dunha moega por unidade. Só o de abaixo ten cruces de protección: tres no interior da xamba dereita e outras tantas ao seu exterior; no lintel, tombada, unha sétima. Ten un considerable atractivo a contorna de emprazamento que aos citados muíños suma a pronunciada escaleira de pedra que lles dá servizo, a fonte de dobre biqueira, o pequeno pío para lavar roupa e, fronte a eles, o cubo cilíndrico que aínda se conserva da serra ancorado ás paredes de granito da edificación.

Conjunto de molinos hidráulicos que se sitúan en un lugar cuyo topónimo compite y comparte territorio con el de Molinos Nuevos. El motivo es la existencia en el lugar, a muy poca distancia de los molinos, de un desaparecido aserradero de madera movido también mediante energía hidráulica obtenida del mismo río que alimenta aquellos: el que baja de Morgadáns. Los molinos, rehabilitados con fondos de la Comunidad de Montes de Peitieiros en el período 2003-04, una vez perdido el uso tradicional, funcionan como aula etnográfico y divulgativo. Son dos ejemplares de los denominados de herederos, con cubierta a una vertiente, lo de arriba, y dos desiguales, lo de abajo, procurando acompañar la pronunciada pendiente del terreno. Son de la tipología de canal y de una moega por unidad. Solo lo de abajo tiene cruces de protección: tres en el interior de la xamba derecha y otras tantas a su exterior; en el lintel, tumbada, una séptima. Tiene un considerable atractivo a entorno.

Características

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Destacados

Castro de Pedra Moura

Pedra Moura, Borreiros

5 (1 comentarios)
Ruta de Ánimas

Plaza Paradela

5 (1 comentarios)
Fiesta de Corpus Cristi

Centro de Gondomar

3.6 (7 comentarios)
Visitable Estación rupestre Auga da Laxe
Estación rupestre Auga da Laxe

Monte Galiñeiro, Vincios

3.2 (5 comentarios)
Skip to content