Cargando...

Igrexa de San Bieito

Enderezo

Iglesia, 2

Teléfono

986 360 033

Correo electrónico

Sitio web

diocesetuivigo.org

Redes sociais

Igrexa que presenta planta de cruz latina. Inicialmente medieval, foi reformada no século XIX. A fachada principal está flanqueada por dúas pilastras laterais, con simulacións de capitel e base molduradas, que rematan con orixinais pináculos sobre a cuberta. Destaca o rosetón e, máis alto, o escudo de San Bieito e a torre do campanario. A portada é de arco de medio punto peraltado, apoiado sobre dous pares de xambas. O arco da arquivolta interior adorna as súas doelas con detalles en estrela, que semellan ménsulas en apoios. O frontón triangular no que remata está orlado con molduras en distintos planos, que presentan un detalle labrado sobre a liña da clave. O rosetón abucínase cara ao interior e a súa celosía semella unha flor de oito pétalos con botón central. Dende a fronte está oculto pola cruz que remata o frontón da porta. A torre do campanario é de planta cadrada, cun oco por cada cara coroado con arcos semicirculares que se apoian nos moldurados das pilastras das esquinas. Ten dúas sancristías, unha a cada lado do presbiterio. Na fachada da parte norte, engadiuse unha capela que, na actualidade, serve como capela penitencial. As fachadas teñen pilastras nos seus extremos, coroadas por moldura lineal, similar á cornixa na que rematan para acoller a cuberta. No seu interior, o retablo neogótico, restaurado recentemente, preside o altar maior. Unha gran fornela con dobre columna acolle a San Bieito. Enriba dela, nun templete con catro columnas que sustentan o remate, sitúase a imaxe de San Gregorio. Parece ser que no barrio de Bade estivo a primitiva igrexa parroquial, dedicada a San Gregorio Magno. Por iso, a súa imaxe, barroca, do século XVII, está no retablo maior e é a máis antiga e valiosa da parroquia. En cada unha capelas do cruceiro hai cadanseu retablo neogótico: – No lado sur: Purísima e San Antonio. – No lado Norte: Ánimas e Nazareno.

Iglesia que presenta planta de cruz latina. Inicialmente medieval, fue reformada en el siglo XIX. La fachada principal está flanqueada por dos pilastras laterales, con simulaciones de capitel y base molduradas, que finalizan con originales pináculos sobre la cubierta. Destaca el rosetón y, más alto, el escudo de San Bieito y la torre del campanario. La portada es de arco de medio punto peraltado, apoyado sobre dos pares de xambas. El arco de la arquivolta interior adorna sus duelas con detalles en estrella, que parecen ménsulas en apoyos. El frontón triangular en el que finaliza está orlado con molduras en distintos planos, que presentan un detalle labrado sobre la línea de la clave. El rosetón con su celosía parece una flor de ocho pétalos con botón central. Desde la frente está oculto por la cruz que finaliza el frontón de la puerta. La torre del campanario es de planta cuadrada, con un hueco por cada cara coronado con arcos semicirculares que se apoyan en los moldurados de las pilastras de las esquinas. Tiene dos sacristías, una a cada lado del presbiterio. En la fachada de la parte norte, se añadió una capilla que, en la actualidad, sirve como capilla penitencial. Las fachadas tienen pilastras cos sus extremos, coronadas por moldura lineal, similar a la cornisa en la que finalizan para acoger la cubierta. En su interior, el retablo neogótico, restaurado recientemente, preside el altar mayor con la imagen de San Bieito y un templete con cuatro columnas que sustentan el final, se sitúa la imagen de Sano Gregorio. Parece ser que en el barrio de Bade estuvo la primitiva iglesia parroquial, dedicada a San Gregorio Magno. Por eso, su imagen, barroca, del siglo XVII, está en el retablo mayor y es la más antigua y valiosa de la parroquia. En cada una capillas del crucero hay su respectivo retablo neogótico: – No lado sur: Purísima y Sano Antonio. – No lado Norte: Ánimas y Nazareno.

Características

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Destacados

Castro de Pedra Moura

Pedra Moura, Borreiros

5 (1 comentarios)
Ruta de Ánimas

Plaza Paradela

5 (1 comentarios)
Fiesta de Corpus Cristi

Centro de Gondomar

3.6 (7 comentarios)
Visitable Estación rupestre Auga da Laxe
Estación rupestre Auga da Laxe

Monte Galiñeiro, Vincios

3.2 (5 comentarios)
Skip to content