Cargando...

Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago

Enderezo

Teléfono

Correo electrónico

Redes sociais

Este itinerario de algo máis de 17 km percorre o municipio de Gondomar seguindo a variante do Camiño Portugués a Santiago de Compostela coñecida como Nosa Señora do Norte.

Unha variante do Camiño Portugués a Santiago de Compostela que se separa do percorrido central en Barcelos, Portugal. Tras pasar polos municipios de Viana do Castelo, Camiña e Vila Nova de Cerveira, entra en Galicia polo lugar de Goiá e en Gondomar pola Portela de Couso.

Dentro de Gondomar, pasa pola capela dos Remedios e baixa ao pé da Forca de Lobos ata chegar a A Feira da Doce, na Estrada. Bordeando o Pazo do Conde de Gondomar, continúa por Pousada ata aproximarse á parroquial de Mañufe, desde onde se dirixe ao barrio da Ponte para atravesar o río Miñor.

O itinerario segue polo Cruceiro do Acordo, pasa pola Pousa de Fontán e entra na parroquia de Vilaza polo Cruceiro do Portelo. Continúa fronte ao Pazo de Pampillón e chega á Areiña, lugar a partir do cal coincide coa estrada real de Baiona a O Porriño ata O Tumbio, en Vincios.

Desde alí, polo barrio da Rocha chega ao Muíño Gaiteiro e, por detrás de A Pasaxe, entra no actual concello de Vigo por Valadares. O camiño continúa ata a vila de Redondela, onde volve enlazar coa ruta central cara a Compostela.

Este percorrido ten unha importancia histórica tanto comercial como ritual, conectando distintas terras e comunidades da zona.

* Percorrido recollido no libro-guía PERCORRIDOS POLO PATRIMONIO CULTURAL DA VILA E MINUCIPIO DE GONDOMAR DE MIÑOR.

Características

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Destacados

Visitable Estación rupestre Auga da Laxe
Estación rupestre Auga da Laxe

Monte Galiñeiro, Vincios

5 (1 comentarios)
Alto do Viso, Mirador de San Antoniño

PO-340

5 (1 comentarios)
Fiesta de Corpus Cristi

Centro de Gondomar

3.6 (7 comentarios)
Igrexa de Santa Baia de Donas

Lugar de Mosteiro 18

Pazo Conde de Gondomar

Rúa Urbanización Miñor

Castro de Pedra Moura

Pedra Moura, Borreiros

0 (1 comentarios)
Ruta de Ánimas

Plaza Paradela