Cargando...

Festival de música Season Fest

Axenda

05/07/2023 por Turismo Gondomar

Festival de música Season Fest

O festival, que terá lugar entre o 21 e 24 de setembro, manterá íntegro o seu cartel.

O festival Season Fest xa ten novo emprazamento. Celebrarase do 21 ao 24 de setembro en dous lugares estratéxicos do municipio de Gondomar: o Parque da Coelleira e o Parque das Ánimas.

Isaac González, director do Season Fest, di sentirse “moi satisfeito” coa nova ubicación. “Gondomar permítenos permanecer no Val Miñor, unha das zonas máis bonitas e con máis recursos do sur da provincia de Pontevedra”, sinala. Ademais, comenta que “outro dos propósitos era buscar un lugar achegado ao emprazamento anterior para non romper os plans de toda a xente que xa mercara o seu abono e tiña hoteis reservados pola zona”.

Pola súa banda, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, declara que “Gondomar recibe ao festival cos brazos abertos e agradecemos a confianza da organización. É unha honra para nós acoller un festival desta categoría. Ademais, que mellor ocasión que esta para que un veciño ilustre de Gondomar, como Iván Ferreiro, poida ofrecer un gran concerto na súa casa.”

A organización do Season Fest, anuncia ademais que se manterá integramente o cartel que se fixera público hai uns meses. Xoel López, Iván Ferreiro, Triángulo de amor bizarro, os portugueses Capicúa e os grupos emerxentes do panorama indie de dentro e fóra de Galicia Margarita quebrada, Anabel Lee, Xenia, Firmado, Carlota, Lusillón, Aeronave adolescente, Visions of Johanna,

Sr. Jingles, Habitación Vudú, Tarde a todo e Señora DJ, son os grupos confirmados para esta nova edición do Season Fest coa que o festival cumpre o seu 5º aniversario.

Entradas e abonos á venda

O público que queira asistir ao Season Fest pode mercar xa o abono na súa web. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán mercar as entradas ao Season Fest cun 15% de desconto.


Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


Skip to content