Cargando...

PR-G 1.1 Sendeiro do Galiñeiro

DIRECCIÓN

Monte Galiñeiro, Vincios

Teléfono

Correo electrónico

Sitio web

Redes sociales

Archivos adjuntos

1 archivo

O PR-G1 Sendeiro do Galiñeiro, promovido polo Club Montañeiros Celtas en 1991, foi o primeiro sendeiro de pequeno percorrido (PR) sinalizado en Galicia. En 2021, o itinerario foi revisado para adaptarse á evolución da paisaxe e incorporar unha nova variante: o PR-G1.1. Trátase dun sendeiro circular que, na súa versión actual, comeza no Merendeiro do Galiñeiro, na Comunidade de Montes de Vincios. Desde alí, avanza pola vertente norte do monte Galiñeiro, acadando unha cota máxima de 694 metros, e permitindo contemplar as características Gallas do Galiñeiro, formacións rochosas moi coñecidas na zona. A ruta pon de manifesto a gran diversidade de pistas e camiños dispoñibles para a práctica do sendeirismo arredor desta montaña, un auténtico referente paisaxístico e deportivo na comarca. As vistas panorámicas dende os puntos máis altos inclúen os vales do Louro, do Miñor e a Ría de Vigo. Desde o cumio tamén se albisca a antiga Fortaleza do Galiñeiro, datada entre os séculos V e VIII. A ruta continúa en descenso cara os montes de Zamáns, coincidindo parcialmente co sendeiro local da zona. Unha vez no Encoro de Zamáns, tómase un desvío á esquerda que conecta coa Senda Panorámica de Vigo (GR-53), pasando polo Muíño de Maquías.

DESCARGA A INFORMACIÓN DA RUTA AQUÍ

WEB CLUB MONTAÑEIROS CELTAS

O Monte Galiñeiro ofrece unha zona de escalada con vistas privilexiadas sobre a ría de Vigo. Trátase dun espazo natural composto por bloques de pouca altura, con vías curtas pero moi explosivas, nas que a dificultade se concentra en poucos metros. A escalada nesta zona destaca pola súa diversidade de estilos, grazas á natureza do gneis, a rocha predominante, que presenta agarres romos e regletas, moi adherentes e técnicos. Conta con máis de 170 vías repartidas en vinte sectores, cun rango de dificultade que vai desde o grao V ata o 8, sendo o grao 6 o máis común. As alturas das vías oscilan entre os 10 e os 40 metros, e caracterízanse pola súa intensidade e esixencia técnica, debido á escasa visibilidade dos puntos de apoio. As mellores épocas para a práctica da escalada no Galiñeiro son primavera e outono, cando as condicións climatolóxicas e a adherencia da rocha son máis favorables.

Zona escalada aproximada AQUÍ

Instalaciones

Video

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


Destacados

Visitable Estación rupestre Auga da Laxe
Estación rupestre Auga da Laxe

Monte Galiñeiro, Vincios

5 (1 opiniones)
Fiesta de Corpus Cristi

Centro de Gondomar

3.6 (7 opiniones)
Castro de Pedra Moura

Pedra Moura, Borreiros

0 (1 opiniones)
Ruta de Ánimas

Plaza Paradela

Igrexa de Santa Baia de Donas

Lugar de Mosteiro 18