

Pazo de Vilarés
Estrada de Vilarés, 4
09:00 - 12:00
Aínda que tradicionalmente se considerou que foi fundado pola familia de la Fuente en 1725, investigacións recentes apuntan a que os primeiros propietarios foron o capitán Tomás de Arines Troncoso de Soutomaior e a súa muller Antonia de la Higuera Arce e Manrique, xa no século XVII. O apelido de la Fuente aparecería posteriormente ligado á casa. Na escaleira do patín consérvase un escudo coas armas dos Troncoso, Castro, Acuña e Arines, moi semellante ao do pazo de Pampillón. O edificio ten planta en “U” e dúas alturas, coa vivenda situada no andar superior e espazos auxiliares na planta baixa, adaptados tamén como vivenda no século XX. Conserva dúas escaleiras orixinais empotradas nos muros, unha delas conducía a unha antiga torre desaparecida a comezos do século pasado. As fachadas máis destacadas son a norte, de acceso, con unha elegante escaleira de pedra que leva a unha galería barroca con columnas e balaustrada; e a sur, aberta ao val, cun fermoso soportal de cinco arcos de medio punto e unha ampla solaina sobre piares octogonais, rematada cunha cornixa coroada por un peto decorativo. Na actualidade funciona como aloxamento turístico
Instalaciones
Horarios
-
Lun
09:00 - 12:00
-
Mar
09:00 - 12:00
-
Mié
09:00 - 12:00
-
Jue
09:00 - 12:00
-
Vie
09:00 - 12:00
-
Sáb
09:00 - 12:00
-
Dom
09:00 - 12:00
Deja un comentario