Cargando...

Muiños da Serra

DIRECCIÓN

Muiños Novos

Teléfono

Correo electrónico

Sitio web

Redes sociales

Estes muíños hidráulicos deben o seu nome á proximidade cun antigo serradoiro de madeira, xa desaparecido, que tamén empregaba a enerxía da auga do río que baixa de Morgadáns. Comparten territorio co topónimo Muíños Novos, aínda que este último abrangue unha área máis ampla. Os dous muíños, coñecidos como de herdeiros, foron rehabilitados en 2003-2004 con fondos da Comunidade de Montes, converténdose nunha aula etnográfica dedicada á divulgación do patrimonio. Unha placa conmemorativa, instalada no muíño de abaixo, agradece a colaboración dos herdeiros, da empresa Construbesa Miñor e do arquitecto responsable da obra. Son construcións tradicionais de tipoloxía de canle, con moega única e cubertas adaptadas ao terreo: unha vertente no muíño superior e dúas desiguais no inferior. Este último conserva elementos singulares de protección simbólica, como sete cruces gravadas na xamba e no lintel da entrada. O contorno ten un notable valor etnográfico e paisaxístico, coa presenza dunha escaleira de pedra que dá acceso ao conxunto, unha fonte de dobre biqueira, un pequeno pío de lavar roupa e os restos do cubo cilíndrico do antigo serradoiro, aínda visibles na estrutura de granito fronte aos muíños.

Instalaciones

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


Destacados

Visitable Estación rupestre Auga da Laxe
Estación rupestre Auga da Laxe

Monte Galiñeiro, Vincios

5 (1 opiniones)
Fiesta de Corpus Cristi

Centro de Gondomar

3.6 (7 opiniones)
Igrexa de Santa Baia de Donas

Lugar de Mosteiro 18

Castro de Pedra Moura

Pedra Moura, Borreiros

0 (1 opiniones)
Ruta de Ánimas

Plaza Paradela