Cargando...

Igrexa de Santa María de Chaín

DIRECCIÓN

Igrexa, 21

Teléfono

Correo electrónico

Sitio web

Horarios abiertos

00:00 - 00:00

Redes sociales

Non se coñecen datos precisos sobre a fundación desta igrexa. O seu rexistro máis antigo consta no libro de bautismos, que asegura a súa existencia a principios do século XVII, aínda que a súa orixe máis probable é medieval. Non obstante, do templo primitivo non queda ningún vestixio.

O actual edificio é unha reconstrucción, posiblemente integral, realizada a mediados do século XIX, segundo se indica nunha inscrición na fachada occidental:

REEDIFICADA EN 1860 / ABAD D. MANUEL ANT. / ALVARES NAT. DE TUI

Trátase dunha construción de planta rectangular, onde a ábsida só se aprecia exteriormente pola súa maior altura. No interior, a nave e o presbiterio, de igual ancho, están separados por un arco de medio punto que se apoia directamente sobre pilastras.

A fachada principal presenta dúas pilastras que rematan en pináculos asentados sobre molduras curvas que soben ata o pé da espadana de dobre van, cun único corpo que completa a composición. Posteriormente, engadiuse un segundo corpo de ladrillo revestido e tratado para imitar a pedra.

A planta, inicialmente lineal, modificouse coa incorporación de dúas dependencias na cara sur: unha destinada a capela e outra a sancristía.

Toda a igrexa foi construída seguindo un lixeiro estilo barroco.

No seu interior consérvase a pía bautismal do antigo templo, que constitúe un dos elementos máis valiosos da súa arquitectura.

Instalaciones

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Horarios
  • Lun
    00:00 - 00:00
  • Mar
    00:00 - 00:00
  • Mié
    00:00 - 00:00
  • Jue
    00:00 - 00:00
  • Vie
    00:00 - 00:00
  • Sáb
    00:00 - 00:00
  • Dom
    00:00 - 00:00

Destacados

Visitable Estación rupestre Auga da Laxe
Estación rupestre Auga da Laxe

Monte Galiñeiro, Vincios

5 (1 opiniones)
Fiesta de Corpus Cristi

Centro de Gondomar

3.6 (7 opiniones)
Castro de Pedra Moura

Pedra Moura, Borreiros

0 (1 opiniones)
Ruta de Ánimas

Plaza Paradela

Igrexa de Santa Baia de Donas

Lugar de Mosteiro 18