Cargando...

Igrexa de San Miguel de Peitieiros

DIRECCIÓN

Peroleira

Teléfono

Correo electrónico

Sitio web

diocesetuivigo.org

Horarios abiertos

00:00 - 00:00

Redes sociales

Esta igrexa, reconstruída probablemente no século XVIII sobre unha antiga edificación románica do século XII, combina o encanto do estilo románico con elementos barrocos e modernos que lle foron engadidos ao longo do tempo. Ten unha planta en forma de cruz latina. Na súa fachada principal destaca unha portada románica, que conserva restos da igrexa orixinal. Está formada por un arco de medio punto con tres arquivoltas e un tímpano decorado con figuras humanas, onde destaca a figura central de Cristo cos brazos abertos en cruz. As columnas teñen capiteis con motivos vexetais e cabezas humanas, e as bases están adornadas con deseños xeométricos. No interior, aínda se poden ver marcas de canteiros antigas nas pedras, que nos falan da longa historia do edificio, aínda que algunhas destas marcas foron feitas tamén en épocas máis recentes. Antes das reformas dos anos corenta do século XX, a fachada tiña unha doble espadana e unha porta sinxela, probablemente froito dunha reforma do século XIX que eliminou os elementos románicos orixinais. Por iso, moitos dos restos románicos que vemos hoxe foron reutilizados doutro lugar, o que reforza a idea de que a igrexa ten raíces moi antigas, posiblemente do século XII. Segundo a tradición oral, estes restos pertencían á antiga ermida de Santa María do Crasto, situada no lugar de Curuto, que forma parte desta ruta. Sen embargo, non hai documentos que o confirmen, e o tamaño das arquivoltas parece demasiado grande para unha ermida pequena. Outra hipótese é que o tímpano que vemos hoxe representa un Calvario con Cristo crucificado, a Virxe e San Xoán, e que tamén podería ter esa orixe medieval. A parte barroca da igrexa, seguramente do século XVIII, destaca pola capela maior con bóvedas de granito e as capelas laterais, onde aínda se conservan elementos artísticos dese período, como unha cruz procesional restaurada en 1742 e o retablo da Virxe do Carme.

Instalaciones

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Horarios
  • Lun
    00:00 - 00:00
  • Mar
    00:00 - 00:00
  • Mié
    00:00 - 00:00
  • Jue
    00:00 - 00:00
  • Vie
    00:00 - 00:00
  • Sáb
    00:00 - 00:00
  • Dom
    00:00 - 00:00

Destacados

Visitable Estación rupestre Auga da Laxe
Estación rupestre Auga da Laxe

Monte Galiñeiro, Vincios

5 (1 opiniones)
Fiesta de Corpus Cristi

Centro de Gondomar

3.6 (7 opiniones)
Castro de Pedra Moura

Pedra Moura, Borreiros

0 (1 opiniones)
Ruta de Ánimas

Plaza Paradela

Igrexa de Santa Baia de Donas

Lugar de Mosteiro 18