

Curro do Galiñeiro
09:00 - 18:00
Cada 2º domingo de xullo, o Monte Galiñeiro énchese de vida coa celebración dun dos eventos máis singulares e auténticos da nosa terra: o Curro do Galiñeiro, en Gondomar. Unha festa que é moito máis que iso: é un encontro co pasado, coa natureza e cunha tradición milenaria que segue viva no corazón do Val Miñor.
Neste día, veciños e visitantes reúnense para acompañar aos “besteiros” —a pé ou a cabalo— que forman un cordón humano ao longo do monte para guiar aos garranos, os cabalos salvaxes de Galicia, ata o recinto do curro. Alí, ao mediodía, comeza o traballo de sanear, revisar e marcar os animais cunha sinal familiar herdada de xeración en xeración. Un proceso que se prolonga durante a tarde, entre emoción, respecto e orgullo por manter viva esta tradición.
Unha tradición milenaria que fala de nós
Os curros teñen raíces fondas na nosa historia. Xa nos gravados rupestres das parroquias de Couso e Donas podemos ver escenas que representan a interacción entre humanos e équidos, testemuños gravados na pedra dunha relación ancestral. Estes símbolos do pasado son a mostra máis antiga da tradición de "acurrar as burras do monte".
Hoxe, esa tradición continúa viva grazas á presenza dos garranos, cabalos que viven en liberdade durante todo o ano nos montes da Serra do Galiñeiro e a Serra da Groba. Aínda que son animais salvaxes, cada un ten dono, identificado pola marca familiar que se lles grava no curro, un patrimonio cultural en si mesmo.
Un patrimonio natural único
O garrano é unha especie autóctona en perigo de extinción, e un dos poucos cabalos salvaxes que quedan no mundo. Aínda que o seu valor comercial é pequeno, o seu valor ecolóxico, cultural e simbólico é inmenso. Criados en liberdade total, son parte inseparable da paisaxe e da identidade galega.
Os curros son, por tanto, moito máis ca un evento rural: son unha forma de convivencia co medio natural, unha herdanza viva e compartida, unha festa que mestura traballo, cultura e comunidade.
Instalaciones
Horarios
-
Lun
09:00 - 18:00
-
Mar
09:00 - 18:00
-
Mié
09:00 - 18:00
-
Jue
09:00 - 18:00
-
Vie
09:00 - 18:00
-
Sáb
09:00 - 18:00
-
Dom
09:00 - 18:00
Deja un comentario