Monte Galiñeiro
O Galiñeiro, ergue a súa figura rochosa con 709m como altura máxima da serra que leva o seu nome, dominando os vales circundantes e ofrecendo grandes panorámicas, facéndose máis amplas canto máis ascendemos polas súas ladeiras e nos situamos nos outeiros graníticos que conforman os seus cumes. Nas paredes graníticas do Galiñeiro existe unha zona de escalada con multitude de vías de diferente dificultade para a práctica de este deporte. Na parte alta, xa cerca do cume , existen restos posiblemente pertencentes a un muro defensivo de un castro galaicoromano. Existen penedos dende os que se poden acadar vistas panorámicas excepcionais e de gran beleza, principalmente unha moi ampla vista do Val Miñor dende o nordeste do concello, que acada unha completa visión das estribacións da Serra da Groba, a Foz do río Miñor, a enseada de Baiona e as montañas do norte, situadas xa nos concellos de Nigrán e Vigo. Acádanse tamén vistas doutros sectores da Ría de Vigo, como as Illas Cíes e a Península do Morrazo. A zona de Auga da Laxe, onde se localiza un lugar de gran importancia arqueolóxica, é un espazo de entorno agradable e calmo, formado, sobre todo, por prados, que aproveita o gando, monte baixo e arborado de piñeiros, eucaliptos, castiñeiros e diversas especies autóctonas. ACCESO: Pódese acceder en coche por pista asfaltada ata as proximidades. Despois é conveniente percorrer os camiños andando. Nas proximidades, pódese desfrutar da área de lecer do Galiñeiro. Sendeiro PR-G1 Galiñeiro
Instalaciones
Horarios
-
Lun
09:00 - 18:00
-
Mar
09:00 - 18:00
-
Mié
09:00 - 18:00
-
Jue
09:00 - 18:00
-
Vie
09:00 - 18:00
-
Sáb
09:00 - 18:00
-
Dom
09:00 - 18:00
Deja un comentario