Ermida de San Xosé de Prado
Prado, Gondomar
09:00 - 18:00
Trátase dun templo dunha soa nave de planta rectangular situado no lugar de Prado, na parroquia de Morgadáns. A fachada está franqueada por apilastrado nos extremos rematados en pináculos. Da documentación do arquivo municipal despréndese que foi construída por instancia da veciñanza despois de que, alá polo 1864, o goberno da S.M lles concedese o beneficio da súa construción Nos lugares próximos á capela, pódense acadar panorámicas do Val Miñor dende o leste da localidade e, dende a propia capela, pódense observar belas vistas do espazo forestal circundante, no que predominan os piñeirais e destacan os picos rochosos da Serra do Galiñeiro. ACCESO: Pódese acceder en coche por pista asfaltada case ata a propia capela. Hai camiños e pistas para moverse pola contorna
Características
Horarios
-
Lun
09:00 - 18:00
-
Mar
09:00 - 18:00
-
Mér
09:00 - 18:00
-
Xov
09:00 - 18:00
-
Ven
09:00 - 18:00
-
Sáb
09:00 - 18:00
-
Dom
09:00 - 18:00
Deixe un comentario