Punto Limpio
Nel recíbense os residuos que pola súa natureza ou volume non teñen saída mediante o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. Poderán empregalo todas as persoas empadroadas no Concello de Gondomar, titulares catastrais, arrendatarios ou terceiros con previa autorización* que queiran depositar de forma selectiva os residuos orixinados nos seus domicilios, atendendo aos artigos que se establecen no regulamento que controla o seu funcionamento, publicado no Boletín oficial de Pontevedra. O punto limpo estará, polo tanto, a disposición dos veciños e veciñas que acheguen volumes de residuos que non superen os valores prefixados e que deberán presentarse clasificados e axustarse á tipoloxía establecida no regulamento
Características
Horarios
-
Lun
16:00 - 21:00
-
Mar
16:00 - 21:00
-
Mér
16:00 - 21:00
-
Xov
09:00 - 21:00
-
Ven
09:00 - 13:00
-
Sáb
09:00 - 13:00
-
Dom
09:00 - 18:00
Deixe un comentario