Cargando...

SAMAÍN 2026

Axenda

29/10/2026 por Turismo Gondomar

SAMAÍN 2026

O vindeiro 31 de outubro, o Concello convida a veciñanza a gozar do Samaín .

A programación comezará ás 17:00 h na Praza Rosalía de Castro, co Baile de Samaín a cargo da Escola de Danza Paradela.

De 18:30 a 20:00 h, a diversión trasladarase ás casas ambientadas da Urbanización Miñor, onde pequenos e maiores poderán participar na actividade «Truco ou trato». Lembramos a importancia de respectar este horario para o bo desenvolvemento da actividade.

A partir das 20:00 h, o antigo Matadoiro Municipal converterase na Xoguetería Diabólica, unha proposta para mergullarse no ambiente máis misterioso e arrepiante desta noite.

A festa continuará a partir das 23:00 h na Praza Rosalía de Castro, con música a cargo de DJ Blas, para poñer o broche final a unha xornada chea de diversión e gozar dunha noite de Samaín chea de maxia, sustos e diversión.

Podes consultar o plano  para coñecer todas as localizacións das actividades e non perder ningún detalle da celebración.


Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *