Vilaza – Turismo Gondomar
	1	</sy:updateFrequency>
Iglesia de Sta. María de Vilaza
					<description><![CDATA[Trátase dun templo de trazado sinxelo con influencias barrocas apreciadas no tramo da fachada.
Foi reconstruída en 1824 sobre outra máis pequena. Sobre o arco do pórtico da fachada pódese ler: 
“Esta frontera y campana se hizo a expensas de D. Julián García Y Gonz(alez) natural de esta parroquia. Año 1821"
A fachada está flanqueada por dúas pilastras e unha espadana central con dobre oco para albergar o campanario.
Todo o conxunto está coroado cun cono de pedra que sostén unha cruz metálica e un veleta.]]></description>
			<slash:comments>0</slash:comments>
Calvario de Santa María de Vilaza
					<description><![CDATA[Este conxunto de cruceiros, situado nas proximidades da igrexa de Santa María, está composto por tres cruces de pedra que forman un pequeno calvario, considerado sen dúbida o máis importante dos poucos que existen no Val de Miñor e o segundo máis antigo de Galicia entre os que están datados.
Aínda que tradicionalmente os calvarios sitúanse en zonas altas e forman parte da última estación dun Viacrucis, neste caso a súa ubicación é diferente, pois atópase en terreo chan, na marxe esquerda do camiño que, desde a igrexa parroquial, sube cara a Pampillón, nunha antiga carballeira.
O conxunto foi acondicionado no ano 1996 para conservar o seu valor patrimonial.
O calvario está composto por tres pezas:
A cruz principal, de maior tamaño, presenta na súa base cadrada unha inscrición que di:
CARITAS / SE PINTO Y ALAMBRO A / DEVOCION DE VICENTE / MOREIRA. SIENDO CURA D. DO / MINGO FERNANDEZ. AÑO / DE 1904.
No chafrán do cruceiro pode lerse a palabra OMNIBUS.
No fuste, diversas representacións en relevo aluden á paixón de Cristo. Na cruz, apoiada sobre un orixinal capitel, está representado un Cristo vivo, moi plano no anverso, cos pés paralelos e apoiados e as mans cravadas. No reverso, unha cruz en baixo relevo ocupa toda a superficie dos paus que sosteñen a imaxe. En ambas as dúas caras aparecen máis símbolos relacionados coa Paixón.
Non se conserva ningún resto de policromía no monumento.
As outras dúas cruces, de tamaño semellante entre si, presentan un deseño máis sobrio e menos ornamentado. Comparten parte da simbología coa cruz central, aínda que as súas inscricións están moi erosionadas. Ambas teñen base cadrada e cruz octogonal.
Nunha delas aínda se pode ler parcialmente a seguinte lenda, que inclúe a data da súa construción:
BENTO LVIS ME HIZO A SU COSTA 1668
Este cruceiro principal forma parte da elite dos cruceiros do século XVII, situado só 22 anos despois do famoso Cruceiro da Vila, en Gondomar.]]></description>
O calvario está composto por tres pezas:
BENTO LVIS ME HIZO A SU COSTA 1668
			<slash:comments>0</slash:comments>
Pazo de Barreiro
					<description><![CDATA[Aínda que se ten publicado que a súa fundación podería datar de finais do século XVII ou comezos do XVIII, todo apunta a que foi Don Francisco de Arines Troncoso Bugarín, clérigo nacido en 1728, quen mandou construílo. Posteriormente, Don Remigio Ramón de Arines, señor do Pazo de Pampillón, instituíu sobre el un morgado ou maiorazgo, consolidando a súa relevancia dentro da nobreza local.
O edificio presenta unha planta en forma de L, modificada ao longo do tempo por diversos engadidos e reformas. Nunha das esquinas do patio (xunto á portada principal e con acceso tanto desde o camiño como desde o interior) atópase a capela, fundada en 1752, baixo a advocación de San Luís e San Xosé.
O pazo sitúase na parte máis alta dunha ampla finca organizada en terrazas, que reflicte o aproveitamento agrario tradicional. A arquitectura conserva elementos propios do barroco galego, con zócalos, esquinales, recercados, cornisas e columnas en granito visto, mentres que o resto dos paramentos aparecen encalados, creando un fermoso contraste visual.
O conxunto conserva dous escudos nobiliarios coas armas das familias Arines, Troncoso, Ceta, Soutomaior, Acuña, entre outras, que testemuñan o prestixio da liñaxe que o habitou.
Na actualidade, o pazo está  vinculado ao enoturismo.]]></description>
			<slash:comments>0</slash:comments>
Pazo de Pampillón
					<description><![CDATA[No visitable. Propiedade privada.
No lugar de Pampillón atopamos o pazo do mesmo nome, de grandes dimensións , construído no século XVII. 
De aspecto tradicional segundo os estándares dos pazos no litoral sur de Galicia, sufriu unha remodelación no século XVIII. Cerra a finca deste pazo un muro de cachotaría con porta alintelada sobre a que se mostra un complexo escudo coas armas das casas dos Arines, Taboada, Castro, Acuña, Sotomayor, Ceta e Troncoso. Son salientables as grandes chemineas, un gran canizo e dous enormes lagares, que indican que foi unha poderosa casa agrícola. No xardín atopamos especies traidas de América de grande interese botánico.]]></description>
										<content:encoded><![CDATA[No visitable. Propiedade privada.